A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Taller laboratorio arredor do proceso de creación de “Manchas de sangue”

10/10/2026
10:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | As recoñecidas teatreiras Areta Bolado e Ailén Kendelman, ex integrantes de A Panadaría, ofrecen a oportunidade de participar no proceso de creación que inaugura a súa nova compañía Torta Torta, Manchas de sangue, coproducida polo Centro Dramático Nacional e que estrearán en xaneiro. Desde o humor acedo e reivindicativo que as caracteriza como creadoras, fan unha viaxe polo tempo e os derramamentos de sangue, desde os mitos e tabús sobre a menstruación ata os horrores da guerra.

As participantes explorarán o humor como ferramenta para o pensamento crítico, a improvisación ou o xogo coas convencións teatrais. Unha oportunidade para divertirse e coñecer como se fai unha obra de teatro.

  • Sábado 10 de outubro
  • De 10.00 a 13.00 h.
  • Pazo da cultura
  • Acceso de balde con prazas limitadas. Recoméndase inscrición previa en <fiot.carballo@gmail.com>.

Non hai campos definidos para este produto.