Con motivo das Festas de San Xoán 2026, e coa finalidade de facilitar á veciñanza a celebración das cachelas e sardiñadas, con tanta tradición no noso concello, establécense as seguintes normas de obrigado cumprimento:
Tanto as persoas coma os establecementos de hostalaría que desexen realizar as actividades previstas nos puntos 1 e 2 terán a obriga de realizar unha comunicación previa cubrindo a instancia específica, ben cubrindo o formulario inferior ou presencialmente, na planta baixa da casa do concello. As solicitudes non recibirán resposta.
O prazo para presentar comunicacións previas remata o 19 de xuño. O obxectivo do trámite é facilitar ás forzas de seguridade a localización das cachelas por se fose precisa a súa intervención.
NORMAS PARA A ELABORACIÓN DAS CACHELAS
INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
A persoa solicitante declara que os datos achegados son certos, que coñece e acepta as normas de seguridade aplicables e que se compromete a cumprir as instrucións da Policía Local, Protección Civil ou Bombeiros. Así mesmo, a presentación da solicitude implica que le e acepta as normas de seguridade e a información sobre protección de datos incluídas na solicitude.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.