A web oficial do concello de Carballo

Padrón

Cita para solicitar Padrón.
A hora seleccionada será de presentación, non de atención.

Para trámites de padrón para varios membros dunha familia, por favor, introduce o número total de persoas que acudirán á vez.

______________

Como facer os distintos trámites:

A través da sede electrónica pódense descargar directamente:
-Volante de empadroamento

-Certificado individual de empadroamento

Trámites para os que non se precisa cita previa:
-Volante de empadroamento

-Certificado de empadroamento

Trámites para os que se recomenda a solicitude de cita previa:
-Alta no padrón (indicar o número de persoas que se van dar de alta)
-Cambio de domicilio
-Cambio de dirección en Tráfico
-Renovación persoas estranxeiras
-Confirmación persoas estranxeiras

______________

Documentación importante a achegar na cita presencial:

  • Documentación acreditativa do parentesco. En caso de menores ou de persoas falecidas, deberase achegar documentación acreditativa do parentesco: libro de familia, declaración de herdeiros,etc.

  • Para os certificados colectivos, é indispensable acompañar (para cada unha das persoas maiores de idade incluídas na folla padronal) a seguinte autorización (descarga).  Excepción: De conformidade co art. 19.4 do Real Decreto-lei 20/2020, do 29 de maio, polo que se establece o ingreso mínimo vital, cando o certificado se solicita para ese efecto, non se requirirá o consentimento das persoas empadroadas no domicilio do solicitante.
  • Solicitude de Alta e Modificacións padronais. Folla de instruccións.
  • Cando se trate dunha nova folla de inscrición,  asinará a persoa que sexa propietaria da vivenda ou o/a titular do contrato – en caso de aluguer será preciso amosar un xustificante recente de pago.
  • Documento que acredite a identidade das persoas rexistradas (DNI, NIE, Pasaporte, Libro de familia para os menores de 15 anos, …)
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade:
    • Menor que se empadroa con ambos proxenitores:
      • Libro de familia ou certificado de nacemento.
      • Autorización do outro proxenitor (a maiores do que presenta).
    • Menor que se empadroa con un só dos proxenitores:
      • Cando hai resolución xudicial (garda e custodia):
        • Resolución xudicial que se pronuncie sobre a guarda e custodia do menor ou da menor.
        • Consentimento do outro proxenitor ou autorización xudicial, en virtude do art. 154 do Código Civil, para o cambio de domicilio ou residencia.
        • Excepcionalmente, en determinados supostos, declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispoñer da firma do outro proxenitor (Modelo II).
        • Se a guarda e custodia é compartida, e a resolución non se pronuncia sobre o lugar de empadroamento, deberá achegarse sempre o mutuo acordo de ambos os proxenitores ou unha resolución xudicial que se pronuncie expresamente sobre o empadroamento.
      • Se non existe resolución xudicial (garda e custodia):
        • Documento que acredite o consentimento do outro proxenitor ou autorización xudicial.
        • Excepcionalmente, en determinados supostos, declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispoñer da firma do outro proxenitor (Modelo I).
    • Menor que se empadroa con persoas diferentes aos seus proxenitores: autorización de ambos proxenitores ou de un deles (Modelo I Modelo II segundo proceda). No caso de tutela ou acollemento, resolución xudicial ou administrativa onde se estableza.
  • Documento que acredite a ocupación da vivenda (escritura de propiedade, contrato de arrendamento e último recibo de aluguer…)
  • Autorización de empadroamento. En caso de querer formalizar o empadroamento en vivenda allea, o propietario da mesma, ou ben o arrendatario, debe autorizar este empadroamento.
  • En caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.
  • Comprobante de parentesco / tutela. No caso de menores ou falecido, por favor, facilitar a documentación para mostrar a tutela dispostos e/ou relación: libro de familia, declaración de herdeiros, etc.

  • Autorización para a representación. Se o volante é solicitado para unha persoa adulta, que non sexa a persoa en cuestión debe ser solicitado o consentimento asinado autorizando a representación.

As solicitudes de alta...
EN CASO DE DÚBIDA OU CONSULTA CONTACTE CO PADRÓN NO 981 70 41 00 (Ext. 2206) OU ESCRÍBANOS UN CORREO Á DIRECCIÓN padronhabitantes@carballo.gal INDICÁNDONOS UN NÚMERO DE TELÉFONO.