A web oficial do concello de Carballo

Semana da Mobilidade: ruta urbana en bicicleta para todos os públicos

15/09/2025
20:00
Zona urbana de Carballo

A Semana Europea da Mobilidade inclúe, como todos os anos, unha ruta urbana en bicicleta na que poden participar persoas de todas as idades, desde nenos e nenas ata avós e avoas. O obxectivo desta iniciativa da Concellaría de Mobilidade é realizar un percorrido por distintos edificios e espazos urbanos para comprobar a facilidade para desprazarse en bicicleta pola zona urbana e inculcar na poboación as normas fundamentais para circular correctamente.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse cubrindo o formulario anexo.

Non hai campos definidos para este produto.