A web oficial do concello de Carballo

Ruta guiada polas infraestruturas da auga e a Horta Seixo Branco

Comeza a Semana do Medio Ambiente cunha visita guiada por dous importantes recursos municipais. Por unha banda, as instalacións centrais dos servizos de abastecemento de auga e saneamento, e, por outra, o proxecto de recuperación de especies de árbores froiteiras autóctonas da Horta Seixo Branco.

As persoas participantes coñecerán a captación de auga do río Bardoso, o depósito do Seixo Branco e a depuradora de augas residuais da Cepeira. No Seixo Branco, ademais, tamén recibirán información sobre as 34 especies de maceiras, pereiras e limoeiros que temos recuperado xa, e ás que se irán sumando novas variedades grazas á colaboración veciñal.

Data: luns 2 de xuño

Punto de encontro: mercado municipal

Saída do autobús: 17.00 horas

Duración aproximada: 2 horas

Público: todos os públicos

Inscríbete

No field defined for this product.