A web oficial do concello de Carballo

Ruta de homenaxe a Cándido González Tiradas

22/04/2026
19:00
Saída da rúa do Muíño

O escritor e xornalista Cándido Alfonso González Tiradas naceu en Carballo o 13 de novembro de 1905. Coincidindo co 120º aniversario desa data, o Concello tiña programada para o día 12 de novembro pasado unha ruta guiada e teatralizada desde a casa na que naceu, na rúa do Muíño, ata a rúa que leva o seu nome, na zona de Pedra Furada. O mal tempo impediu levala a cabo.

Pero esa débeda vai quedar saldada (agardamos que esta vez o tempo o permita) este 22 de abril. Arredor do Día do Libro recuperamos a unha das nosas figuras literarias máis ilustres para pasear pola súa vida e a súa obra desde a casa natal ata a a rúa que o lembra para sempre. Será unha ruta guiada e teatralizada polo dinamizador cultural Hadrián García, que contará tamén coa colaboración da Aula de Teatro Municipal, dirixida por Alba Bermúdez, para realizar unha lectura dramatizada ao remate.

A saída realizarase ás 19.00 h desde a rúa do Muíño e non se precisa inscrición.

Non hai campos definidos para este produto.