A web oficial do concello de Carballo

Cambios na homenaxe a Cándido González Tiradas

12/11/2025
19:30
Saída da rúa do Muíño

O escritor e xornalista Cándido Alfonso González Tiradas naceu en Carballo o 13 de novembro de 1905. Coincidindo co 120º aniversario desa data, o Concello tiña programada para o día 12 unha ruta guiada e teatralizada desde a casa na que naceu, na rúa do Muíño, ata a rúa que leva o seu nome, na zona de Pedra Furada. Por mor das previsións meteorolóxicas, a ruta queda adiada e modificamos o horario do acto.

Ás 12.00 horas, na rúa Cándido González Tiradas será inaugurado un panel informativo cos principais datos biográficos do escritor e realizarase unha ofrenda floral. No acto, aberto a toda a veciñanza, participarán o historiador Hadrián García, familiares do autor, e o alcalde, Daniel Pérez.

Non hai campos definidos para este produto.