A web oficial do concello de Carballo

Rúa dos Contos: “Zorras” de Cía. La Creída

04/10/2025
23:00
Mercado municipal

#34 FIOT | Dúas mulleres de “40 e tantos” xúntanse para contar as súas propias historias, esas que pasan por relacións, amizades e momentos que marcan unha vida. Pero non se quedan só aí: poñen ao descuberto as semellanzas entre o comportamento humano e o mundo animal, cunha mestura divertida e irreverente.

Bárbara Rodríguez, do Teatro del Cuervo, e Noemí Miranda, de Trivilorio Impro, veñen de mundos distintos — teatro de texto, improvisación e cabaré — pero comparten moitas experiencias vitais e moito humor neste espectáculo no que a improvisación, a música e a complicidade co público o transforman nunha festa. Un espectáculo cabareteiro, cómico, primitivo e moi instintivo.

  • Sábado 4 de outubro
  • 23.00 h.
  • Mercado Municipal
  • Entrada: 10 €
  • Público adulto (+ de 16 anos)
  • Duración: 75 minutos
  • Coa colaboración de Bodegas Carballo

 

ATAQUILLA.COM

Marque o número de prazas que precisa

Non hai campos definidos para este produto.