A web oficial do concello de Carballo

Rúa dos Contos: “Rogelio” de asSircópatas

25/09/2025
18:00
Residencia de maiores (Praza de Vigo)

#34 FIOT | Rogelio leva vinte anos pechado na súa casa. É un pallaso en recuperación. Agora, por fin, decidiu abrir a porta e volver facer o que máis lle presta neste mundo: a maxia. Este espectáculo non é só maxia. É unha peza para coñecer a Rogelio, aprender a superar os medos e gozar do circo, dos malabares e da maxia. Assircópatas é a compañía do pallaso, bufón, improvisador e narrador oral Dani Blanco, que mestura historias reais con ficticias, cun trasfondo social sempre desde o humor.

Esta actuación, adaptada para o festival, é un convite especial do FIOT aos usuarios e usuarias dos centros de maiores de Carballo e da asociación AFABER a cargo ca compañía asSircópatas. Iso si, que ninguén espere aquí a David Copperfield, nin caixas que cortan xente. Rogelio é máis de truco con cartas vellas, un chisco de confusión e moita verdade. E tamén é un pallaso en recuperación, que non é pouca cousa. Veu dar a súa versión do mundo, co humor que dá estar ao borde da tolemia… e decidir que mellor rir.

  • Xoves 25 de setembro
  • 18.00 h.
  • Residencia de Maiores da Praza de Vigo
  • Entrada de balde
  • Para todos os públicos

Non hai campos definidos para este produto.