#34 FIOT | Hai quen dura vinte e cinco minutos no escenario. Outros, vinte e cinco funcións. Pepo Suevos leva vinte e cinco anos facendo rir, pensar e rillar a retranca coma quen rilla polbo na súa salsa. E se cumprir anos é cousa seria… hai que celebralo! A Rúa do contos gáñalle en antigüidade por un ano e as nosas traxectorias mesturáronse en varias ocasións, polo que merecemos que realice unha parada especial deste maratón humorístico por Galicia e a estrea da que foi a súa aventura no medio do camiño, nun local perfecto para xuntar palabra e petisco.
Pepo Suevos é un todoterreo, actor, guionista e monologuista capaz de combinar o humor máis intelixente co máis “brutallán”. Prepárate para 75 (ou 90, segundo lle dea) minutos de humor feito na casa, con anécdotas, historias e verdades como puños, onde o teatro, a vida e a risa mestúranse coma o viño e a ghaseosa: entra fácil e queda fondo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.