#35 FIOT | Queres actuar nun espectáculo do FIOT? Imos facer un pequeno obradoiro coa compañía especializada en teatro comunitario La Rueda Teatro Social. As persoas participantes intervirán na representación que terá lugar o 18 de outubro no Auditorio do Pazo da Cultura. Trátase dun proxecto interxeracional no que, ademais dos membros da compañía, participarán mozos e mozas entre 15 e 24 anos e maiores de 60. O tema é exclusivo: a sexualidade. Pretende romper tabús e tender pontes entre xeracións.
Anímate a participar e forma parte dun espectáculo do FIOT desde dentro!
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.