A web oficial do concello de Carballo

Proxección do documental “Ao son da nova regueifa”

10/01/2026
12:00
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Coincidindo coa celebración dos Premios Galegos da Regueifa, Carballo acolle a proxección do documental Ao son da nova regueifa, producido por Undodez e dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas, que o definen coma “unha viaxe na procura das pontes construídas entre a regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte na Galiza».

A través dos testemuños de persoas coma Lupe Blanco, Suso e Antonio de Xornes, a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, Carme Pereiro; Séchu Sende, Xurxo Souto, Domingo Blanco, Xosé Ameixeiras, Alba María, Josinho da Teixeira ou Sés faise un percorrido pola historia da regueifa e dos Premios Galegos da Regueifa, que se celebran por quinto ano en Carballo.

A entrada é libre e de balde.

Non hai campos definidos para este produto.