A web oficial do concello de Carballo

Proxección da serie infantil “Pipo” no Carballo Interplay

16/04/2026
18:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

O Festival Carballo Interplay convídavos a desfrutar en familia da serie infantil Pipo, dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade.

Contámosche de que vai!

Berta é unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos.

O primeiro día do novo curso escolar, Berta descubre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Berta decide acollelo no seu cuarto sen saber que Pipo é bastante diferente a ela: ruidoso, desordenado… E cun apetito desbocado que fai que coma practicamente calquera cousa. Pero ademais de moita fame, Pipo ten, tamén, outros moitos secretos.

Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes ata pelar as laranxas. O mundo cotiá de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente: que fará hoxe Pipo?

Acceso de balde con inscrición previa. Reserva praza no formulario inferior.

51 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.