O filme A foreign song, dirixido por César Souto Vilanova, continúa a súa viaxe e fará parada no Pazo da Cultura de Carballo o xoves 5 de marzo ás 20.00 horas.
A película mergúllase na figura de Wallace Stevens, poeta modernista estadounidense, gañador do Premio Pulitzer e considerado unha das voces esenciais da poesía do século XX. A través dunha proposta cinematográfica coidada e reflexiva, o filme explora o universo creativo e o pensamento dun autor fundamental na literatura contemporánea.
A produción corre a cargo de Matriuska Cine e conta co apoio do ICAA, Agadic e da Deputación da Coruña, a través das súas liñas de impulso á distribución cultural.
A proxección realízase en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, no marco da programación cultural municipal.
Unha nova oportunidade para achegarse ao diálogo entre cinema e poesía da man dunha produción galega que segue a sumar público na súa andaina.
Entrada libre e de balde.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.