Dando continuidade ao proceso de participación iniciado en setembro, convocamos ás entidades, empresas, artistas, profesionais do ámbito da cultura e persoas interesadas nesta iniciativa a participar nas sesións de traballo que terán lugar para a priorización de usos deste futuro equipamento.
Despois de ter realizado un cuestionario en liña sobre as necesidades e valoración dos equipamentos e a cultura en Carballo, nestas xuntanzas entrarase máis en detalle sobre os usos dos espazos existentes e sobre o novo equipamento municipal.
Gustaríache participar?
Se pertences a unha entidade ou empresa do ámbito cultural, se a túa actividade profesional está relacionada coa cultura ou tes interese nesta temática, enche o seguinte formulario seleccionando a data.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.