Dentro da XXIV edición de Primavera enDanza, a Concellaría de Cultura convídavos a participar no obradoiro infantil Xogar, sentir e moverse, un espazo divertido onde nenas e nenos descubren o seu corpo a través do xogo, o movemento e as emocións.
A danza convértese así nunha ferramenta para xogar, relacionarse e explorar sen pasos fixos nin coreografías pechadas, poñendo o foco no pracer de moverse.
Realizaremos xogos de quecemento e activación corporal, propostas guiadas baseadas en imaxes, historias e emocións, así como pequenas dinámicas de grupo.
2 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.