#35 FIOT | O investigador Javier Gándara Feijóo presenta A música dos desprazados. Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII, que revela unha Galicia interconectada, plural e culturalmente dinámica, á vez que reflexiona sobre o papel das artes escénicas na construción da nosa identidade cultural. O libro explora as relacións entre teatro lírico, música e galeguidade durante o século XVIII. Publicado por aCentral Folque, Gándara percorre a realidade e a ficción escénica da época para descubrir a unha Galicia moi afastada da imaxe dun territorio illado e pobre.
O FIOT abre un espazo para pensar o teatro máis alá do escenario, achegándose á investigación sobre o papel que as artes escénicas desempeñaron na construción da nosa identidade cultural. Un encontro coa historia para comprender mellor a relación entre escena, música e galeguidade. Acompañará ao autor o editor Ramon Pinheiro, de aCentral Folque.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.