A web oficial do concello de Carballo

Presentación de “Lío, a pantasma canta ca-ca”

06/11/2025
17:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Nesta presentación coñeceremos a Lío, unha pantasma encantadora, cantareira e divertida, que non sabe moi ben como relacionarse cos demais. Ás veces temos medos que nos fan sentir pequenos, cando en realidade somos enormemente marabillosos; medos que nos encerran, cando o que desexamos é ser libres.

E sabedes cal é a mellor solución neses casos? Un bo amigo ou unha boa amiga: alguén que nos axude a acender esa pequena chispa que nos permita brillar coa nosa propia luz. Sofía axudará a Lío a poñer orde no seu caos, a sentirse seguro, a confiar en si mesmo e a saír ao mundo sen medo.

Os contos, se conseguen establecer a conexión axeitada, teñen liña directa cos corazóns e as mentes dos máis pequenos. E por iso deben servir non só para entreter, senón tamén para facernos pensar e aprender. Así que preparemos as antenas e busquemos esa conexión máxica neste conto de Ana Castro.

  • Público: nenos e nenas de 4 a 8 anos
  • Duración aproximada: 60 minutos
  • Inscricións no formulario anexo

57 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.