A web oficial do concello de Carballo

Pregón do San Xoán a cargo de Verónica Bolón Canedo

22/06/2026
21:00
Praza do Concello

A carballesa Verónica Bolón Canedo (no centro na imaxe xunto coa concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez, e o alcalde de Carballo, Daniel Pérez) é a encargada de ofrecer o pregón que marca o comezo das Festas de San Xoán 2026. Ademais de ser Enxeñeira e doutora en Informática, é profesora na Universidade da Coruña (UDC). A súa actividade investigadora céntrase no desenvolvemento de novos métodos de Intelixencia Artificial (IA) que sexan máis éticos, sostibles e respectuosos co medio ambiente, especialmente a través da aprendizaxe automática e os chamados “algoritmos verdes”. Neste ámbito, dirixe a Cátedra UDC-Inditex de IA en Algoritmos Verdes.

Está profundamente comprometida co fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas. É académica de número da Academia Joven de España e académica correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Froito deste incrible labor, recibiu galardóns de máximo prestixio como o Premio Dona TIC Revelación da Generalitat de Cataluña, o Premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, a Medalla a Jóvenes Investigadores da Real Academia de Ciencias ou o recente Premio Nacional de Investigación. Bolón tamén é unha colaboradora habitual e fundamental do Concello de Carballo en todo tipo de proxectos orientados á divulgación científica e á democratización do coñecemento, e sempre amosa un compromiso incondicional coa súa vila natal.

A cita é na Praza do Concello a partir das 21.00 horas.

Non hai campos definidos para este produto.