PLIC! | Sinatura de O cabuchón vermello (Espiral Maior, 2024), novela debut de Alejandro Otero Jamardo, na caseta das Bibliotecas de Carballo. Trátase dunha novela de ficción “esotérica” e de alento “histórico”. A acción narrativa desenvólvese en dúas épocas que se imbrican e superpoñen: o curso universitario 1992-1993 en Santiago de Compostela e o século XIV, sendo arcebispo da cidade Santiago Suero Gómez, asasinado na Rúa da Balconada.
O cabuchón vermello trata, en definitiva, das miserias e das ambicións desmedidas do ser humano, e explica o porqué dos abusos das elites para coa xente común, e como a loita interna contra os pantasmas dun mesmo é moi semellante á eterna teima contra os poderosos.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.