PLIC! | A caseta das Bibliotecas de Carballo na Praza dos Libros acolle unha sinatura a cargo de: Xosé Antonio Andrade e Raúl Herrera. Andrade, avogado e escritor de Coristanco, asinará exemplares de Os cómaros da vida. Diarios 2020-2022 (Espiral Maior, 2024). Trátase dunha crónica de carácter personal, por veces inmersa na “interioridade profunda” do humano, que se manifesta en notas de experiencia individual, elementos abertos de reflexión, confesións particularidades e visións diversas que parten do autobiográfico.
Pola súa banda, Raúl Herrera asinará exemplares de Pluma Enloitada (Toxosoutos, 2025). Un libro de poemas onde se mesturan o home, a muller e a beleza da natureza. Unha poesía sensual e erótica que pretende achegarse á xente lectora desde a perspectiva dun estilo de vida bohemia onde prevalece o gozo da sinxeleza da propia natureza, a arte como expresión sandadora e o desexo e a forza de conservación da cultura tradicional galega
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.