A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Sinatura de libros con Rober Cagiao e Fernando Cabeza Quiles

13/07/2025
20:00
Xardín Municipal

PLIC! | A caseta das Bibliotecas de Carballo da Praza dos Libros acolle unha sinatura a cargo de: Rober Cagiao e Fernando Cabeza Quiles. Rober Cagiao (Bañobre, 1976) asinará exemplares de A dama de Anboto (VR Europa, 2025). Licenciado en Ciencias da Educación, tras dedicarse ao difícil mundo do heavy metal e gravar dous álbums con Trashnos, decidiu desconectar, e o destino, e unha serie de acontecementos diversos, levárono a escribir. O gardián das flores foi a súa primeira novela. Escritor, editor e xestor cultural, leva os seus libros, coa súa mestura de lendas, Galicia e misterio, por toda España. A dama de Anboto é a súa décimo quinta novela. Conta a lenda que se entras na cova de Anboto, no País Vasco, podes atoparte con Mari, unha fermosa muller que vive alí. Se che fai unha pregunta, é mellor que sexas honesto, porque se mentes, quitarache o que negas; en cambio, se lle dis a verdade, concederache o que máis desexas.

Pola súa banda, Fernando Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953), afincado en Carballo é ben coñecido polo seu traballo sobre a toponimia gallega, con máis de 30 anos de especialización na materia. Tamén colabora en prensa e radio. Asinará exemplares de A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia (Espiral Maior, 2024). Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos “brigantinos”, sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O  volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia pouco coñecido e especialmente ignorado: o dos celtas ou celtici do noso antigo territorio.

📷 de Fernando Cabeza Quiles de Ana García para La Voz de Carballo

Non hai campos definidos para este produto.