A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Sinatura de libros coas carballesas Marta Seoane e Laura Tova

12/07/2025
19:00
Xardín Municipal

PLIC! | A caseta das Bibliotecas de Carballo na Praza dos Libros acolle unha sinatura a cargo de dúas carballesas: Marta Seoane e Laura Tova. Seoane estará asinando exemplares da edición en galego da súa novela Balas de Papel. Nela, Julia, unha arqueóloga de 35 anos, recibe a noticia, despois de sete anos sen comunicarse coa súa familia, de que a súa avoa, que padece alzhéimer, está hospitalizada sen esperanza de supervivencia. Abandona a expedición na que traballa en Cabo Verde coa intención de regresar pronto. Pero a mesma mañá en que chega á súa casa na Coruña, a súa avoa morre.

Pola súa banda, a artista Laura Tova asinará exemplares de Seis Leiras e un Piano, un poemario escrito por Claudia Castro que conta con ilustracións da carballesa. Os poemas deste libro están ateigados de ritmo e de luz. De xogo, de música, de natureza e de aldea. De sentimento e reivindicación do noso. E perfectamente acompañados pola obra de Tova.

Non hai campos definidos para este produto.