PLIC! | Sinatura de libros coa pregoeira da feira da creatividade cultural, Marilar Aleixandre. Escritora, tradutora e bióloga española, gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022, asinará exemplares da súa obra As bocas cosidas na caseta das Bibliotecas de Carballo.
Neste libro o pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas. Unha obra onde a prosa de Marilar Aleixandre, co seu lirismo contido, ten a capacidade de dar voz aos ecos do pasado, nunha atmosfera impregnada do peso do silencio e da memoria.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.