A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Retratos con Retranca: a caricatura

11/07/2026
18:00
Xardín Municipal

PLIC! | A Praza dos Libros acolle a actividade “Retratos con Retranca: a caricatura”, a cargo de Mon Lendoiro, Cristina Santiago e Santi Picos. Os tres artistas locais estarán de 18.00 a 21.00 horas realizando retratos humorísticos da xente que acuda á feira para que os leven para a casa como recordo. Sempre mantendo o espírito das caricaturas: retratos de persoas destacando con creatividade os seus trazos máis característicos. A través da esaxeración e da observación, captando a esencia de cada rostro cun estilo divertido e persoal.

Mon Lendoiro, Cristina Santiago e Santi Picos son tres artistas vinculados a Carballo cunha ampla traxectoria nas artes plásticas. Mon Lendoiro destaca pola súa experiencia na ilustración, o deseño gráfico e a caricatura; Cristina Santiago achega unha mirada creativa desde a ilustración e a pintura; e Santi Picos desenvolve unha obra persoal centrada nas artes visuais contemporáneas. Xuntos propoñen unha actividade na que a creatividade, o debuxo e a expresión artística son os protagonistas.

Non hai campos definidos para este produto.