PLIC! | Voces de Bergantiños, o magazine de RadioVoz Bergantiños, retransmitirá en directo de 12.00 a 14.00 horas desde a Praza dos Libros un programa especial dedicado á memoria de Fernando Cabeza Quiles (na imaxe), escritor, divulgador e colaborador histórico do espazo. Unha homenaxe á súa traxectoria e á súa contribución á difusión da cultura, da lingua e da toponimia galegas. Así, Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953 – Carballo, 2026) foi escritor, filólogo, investigador e divulgador e é considerado unha das grandes referencias da toponimia galega.
Afincado durante décadas en Carballo, desenvolveu unha intensa actividade como colaborador en prensa e radio e publicou numerosas obras sobre a orixe e o significado dos nomes de lugar de Galicia, ademais de narrativa, ensaio e literatura infantil. A súa contribución ao estudo da lingua, da historia e da cultura galegas converteuno nunha figura imprescindible da investigación e divulgación do noso patrimonio. A súa fonda vinculación con Bergantiños e o seu compromiso coa lingua e coa cultura deixaron un legado de enorme valor.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.