PLIC! | Os fíos de Begoña. Unha achega en palabras, música e imaxes á vida de Begoña Caamaño é unha homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, figura á que se lle dedica o Día das Letras 2026. A proposta combina palabras, música e imaxes para percorrer a súa vida e o seu legado. A través dunha proposta emotiva e participativa, o espectáculo reivindica o compromiso da autora coa lingua, o feminismo e a cultura galega, achegando ao público a figura dunha das voces máis relevantes da literatura e do xornalismo contemporáneos.
Esta actividade xorde a partir do álbum ilustrado Os fíos de Begoña, que achega ao público máis novo a vida e o legado de Begoña Caamaño. Con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Nuria Díaz, a obra percorre a infancia, a traxectoria como xornalista, escritora e activista, así como o seu compromiso coa lingua, a igualdade e a xustiza social.
Eva Mejuto (Sanxenxo) é escritora, xornalista e xestora cultural. Especializada en literatura infantil e xuvenil, desenvolveu unha ampla traxectoria no ámbito editorial e é autora de obras como 22 segundos, Memoria do silencio, A ladroa da biblioteca de Meirás e O día que choveron gatos. A súa obra foi recoñecida en diversos certames, entre eles o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, e destaca polo seu compromiso coa memoria e a igualdade.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.