PLIC! | O carballés Alberto Varela Ferreiro é deseñador gráfico, ilustrador e autor de banda deseñada. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, desenvolveu unha ampla traxectoria no mundo da ilustración, o deseño e a narrativa gráfica. É autor de obras como Ulf de Jakobsland, Wolfram, Plus Ultra. Transición ao futuro e O dragón anoado, nas que combina aventura, historia e memoria cun coidado estilo visual.
O dragón anoado é unha novela gráfica de aventuras que segue a historia de Antón Seixas, un mozo galego emigrado a Cuba que, tras verse envolto nunha perigosa trama criminal, debe fuxir e reinventarse como o detective Xeixas Johnson. Unha obra que mestura acción, humor e memoria histórica, ao tempo que rende homenaxe aos clásicos da banda deseñada e ao personaxe creado polo propio autor nos anos oitenta.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.