PLIC! | Estas crónicas da sociedade que se nos vai das mans foron publicadas en La Voz de Carballo como material de valor e agora recobran nova vida no libro Nós estamos ben, non? (Espiral Maior, 2025). Adquiren outra dimensión e convértense en relatos atemporais. Solidificaron. O tempo deulles un pouso e un peso de profundidade literaria. Seguen sorprendendo por moito que se lean do dereito ou do revés. E son, sobre todo, un antídoto perfecto contra a ignorancia, a soberbia e o racismo.
Ramón Vilar Landeira (Cerceda, 1973), licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, leva a maior parte da súa vida laboral vinculado ao mundo do xornalismo. Traballou como redactor en La Voz de Galicia e Faro de Vigo e dirixiu o diario dixital Vieiros. Na actualidade coordina proxectos relacionados coa comunicación, a cultura e o mundo educativo, ademais de ter publicado varios libros.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.