A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Cadea de favores” de Rober Cagiao

11/07/2026
20:00
Xardín Municipal

PLIC! | Rober Cagiao (Bañobre) é escritor de novela negra e thriller, coñecido por ambientar as súas historias en Galicia e por combinar intriga, lendas e suspense. Diplomado en Ciencias da Educación, alcanzou un grande éxito coa saga El Guardián de las Flores. Ademais da súa faceta literaria, impulsa proxectos de promoción da lectura e da cultura, como a recuperación da histórica Libraría Lume da Coruña.

Desta volta presenta Cadea de favores. Trátase dun thriller que arranca cun dobre asasinato simultáneo en Santiago de Compostela e Granada. A medida que a inspectora Bibiana Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte avanzan na investigación, descobren unha inquietante rede de favores que conecta descoñecidos e agocha segredos, desexos e intereses inconfesables. Unha novela chea de suspense, ritmo e xiros inesperados que explora ata onde pode chegar unha persoa por conseguir aquilo que máis desexa.

  • Rober Cagiao estará acompañado por Marta Villar.

Non hai campos definidos para este produto.