A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Boundaries Road” de Cecilia F. Santomé

12/07/2026
20:00
Xardín Municipal

PLIC! | Cecilia F. Santomé (Vilalba) é escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega. A súa obra caracterízase por unha escrita innovadora e unha fonda exploración da identidade, a memoria e as relacións humanas. Publicou novelas como Quérote eu tampouco e Aquel lugar, e en 2025 foi distinguida co XLIV Premio Eduardo Blanco Amor de Novela por Boundaries Road, consolidándose como unha das voces máis destacadas da narrativa galega actual.

Boundaries Road é unha obra que transcorre nunha rúa da periferia de Londres, onde a chegada dunha nova inquilina altera a aparente tranquilidade dunha casa compartida. Anos despois, a memoria e a nostalxia conducen a protagonista a reconstruír aqueles días marcados pola felicidade, a perda e os segredos. Cunha prosa sensorial e unha estrutura orixinal, Santomé constrúe unha historia sobre a alienación urbana, a identidade e as múltiples capas que conforman a experiencia humana.

  • Cecilia F. Santomé estará acompañado por Carme Pereiro.

Non hai campos definidos para este produto.