A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Asasinato na Casa Rosa” de Arantza Portabales

11/07/2025
21:00
Xardín Municipal

PLIC! | A Praza dos Libros acolle a presentación de Asasinato na Casa Rosa (Galaxia, 2025) de Arantza Portabales. A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender ao seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que a inspectora investigue os feitos, trasladándose á súa mansión en Loeiro, a Casa Rosa, onde vive coa súa familia, xa que sospeita que o responsable é alguén do clan familiar.

Arantza Portabales (San Sebastián, 1973) iníciase como escritora no ano 2015 cun libro de microrrelatos en castelán, A Celeste la compré en un rastrillo. Ese mesmo ano, coa súa primeira obra en galego, Sobrevivindo (Galaxia), acada o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal (Galaxia, 2017), foi traducida para o castelán, o italiano, o hebreo e o alemán, adaptada ao teatro e obtivo o Premio Novela Europea do Casino de Santiago. Beleza vermella (Galaxia, 2019), un dos títulos máis lidos da novela policial galega, acadou o Premio Frei Martín Sarmiento e está protagonizada polo inspector Abad e a subinspectora Barroso, que en 2021 volven ser os personaxes centrais de A vida secreta de Úrsula Bas. En 2023 publicou O home que matou a Antía Morgade.

  • Arantza Portabales estará acompañada por Marta Villar

Non hai campos definidos para este produto.