A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “As tolas que non o eran: mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936” de Carmen V. Valiña

12/07/2025
20:00
Xardín Municipal

PLIC! | A Praza dos Libros acolle a presentación de As tolas que non o eran: mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936 (Galaxia, 2025) de Carmen V. Valiña. Esta obra rescata do esquecemento as voces silenciadas de mulleres internadas no hospital psiquiátrico de Conxo entre finais do século XIX e o comezo da Guerra Civil. Nun relato documentado e conmovedor, a autora achéganos á realidade de mulleres que sufriron o encerro non por enfermidade, senón por ser quen eran: aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Unha dobre condena, social e institucional.

Carmen V. Valiña (Baio, A Coruña, 1985) é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora e directora de PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos (www.perifericas.es). Combina a investigación sobre a memoria das mulleres anónimas dos séculos XIX e XX cunha vertente como escritora de ficción onde as lembranzas, o mundo rural e a autobiografía teñen un peso notable. Escribiu e publicou sobre xornalistas españolas en Oriente Medio e sobre as emigrantes da Terra de Soneira en Suíza, pero dende 2021 as mulleres internas no manicomio de Conxo son as protagonistas absolutas da súa obra.

  • Carmen V. Valiña estará acompañada por Juan Carlos Díaz del Valle

Non hai campos definidos para este produto.