PLIC! | María Solar (Santiago de Compostela) é escritora e xornalista. Licenciada en Bioloxía e Xornalismo e diplomada en Maxisterio, desenvolve a súa actividade profesional na RTVG. Autora de narrativa para público infantil, xuvenil e adulto, a súa obra foi traducida a varios idiomas e distinguida con numerosos premios, entre eles o Premio Lazarillo, o Premio Frei Martín Sarmiento e o Premio Xerais de Novela.
As malas ideas é unha novela que combina humor, drama e intriga para contar a historia de Elías, un director de produción de series que ve como a súa vida cambia radicalmente tras regresar á súa terra natal. Entre segredos familiares, personaxes inesquecibles e situacións tan absurdas como reveladoras, Solar constrúe un relato que reflexiona sobre o éxito, a memoria, os coidados e a oportunidade de volver empezar.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.