A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Alguén ao lado” de Xabier Quiroga

09/07/2026
20:00
Xardín Municipal

PLIC! | Xabier Quiroga (O Saviñao) é escritor e profesor de Lingua e Literatura Galega. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é un dos narradores máis recoñecidos da literatura galega actual. Autor de novelas como Atuado na braña, O cabo do mundo, Zapatillas rotas, O baile dos estorniños ou Coa man esquerda, foi distinguido, entre outros, co Premio Losada Diéguez e co Premio da Crítica da narrativa galega.

Alguén ao lado narra a historia de Luís, un home marcado por un desengano amoroso que ve mudar a súa vida tras recibir unha inesperada mensaxe acompañada dun billete de avión a Marrakech. A partir dese momento, a novela convértese nunha reflexión sobre a identidade, o desexo, a amizade e a capacidade das persoas para reinventarse, nun relato íntimo e emotivo que afonda nas relacións humanas.

  • Xabier Quiroga estará acompañado por Marta Seoane.

Non hai campos definidos para este produto.