A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Obradoiro infantil “Conservas O Noso”

10/07/2025
18:00
Xardín Municipal

PLIC! | “Conservas O Noso” é un obradoiro de arte urbana enfocado na conservación do patrimonio cultural galego a cargo de Miguel Casado Freire. As e os asistentes envasarán tradicións e costumes en latas de conserva creadas e etiquetadas polos participantes co obxectivo de involucralos na preservación da identidade cultural. Esta actividade non só busca fomentar a creatividade, senón tamén destacar a importancia de coñecer e compartir as raíces culturais galegas. Unha combinación de diversión e conservación nun contexto lúdico e educativo que contribúe á conexión dos participantes coa nosa herdanza.

  • Prazas limitadas (15). É necesaria previa inscrición telefónica na Biblioteca Rego da Balsa chamando ao 981 75 85 80
  • Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos
  • Duración aproximada do obradoiro: 90 minutos

No field defined for this product.