PLIC! | O Mapa Literario de Carballo convida a descubrir a vila a través das palabras de escritoras e escritores que a retrataron nas súas obras. Organizado en dúas liñas e 24 paradas, este roteiro literario percorre rúas, prazas e espazos emblemáticos vinculados á memoria, á historia e á creación literaria, ofrecendo unha nova forma de achegarse ao patrimonio cultural de Carballo. O carballés Xurxo Borrazás será o encargado de estrear unha nova placa deste mapa na taberna o Bodegón.
Borrazás é escritor, tradutor e profesor, considerado unha das voces máis innovadoras da literatura galega contemporánea. Licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa obra caracterízase pola experimentación formal, a ironía e unha visión crítica da realidade. Autor de novelas como Criminal, Na maleta, Ser ou non ou Costa Norte/ZFK, foi recoñecido con galardóns como o Premio da Crítica da narrativa galega, o Premio San Clemente e o Premio Antón Losada Diéguez. Compaxina a creación literaria coa tradución e a colaboración habitual en prensa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.