PLIC! | O xoves 9 de xullo arrinca a Praza dos Libros, PLIC!. A partir das 11.00 horas e durante toda a mañá, até as 14.00 horas, todas as personas que merquen nas casetas da feira serán agasalladas cun paquete de Conservas Calvo. Ademais, haberá animación musical na feira a cargo da Real Banda de Cadeiras Encartables, un proxecto artístico galego que combina música, performance e humor cunha boa dose de retranca. A través dun espectáculo orixinal e participativo, converte o cotián en sorprendente, xogando co absurdo e coa creatividade para ofrecer unha experiencia chea de personalidade.
E ás 12.30 horas está previsto celebrar o acto de inauguración da PLIC! que terá como pregoeiro a Pedro Feijoo. Pedro Feijoo é escritor, músico e filólogo. Autor de novelas de gran éxito como Os fillos do mar, A memoria da choiva, Un lume azul ou Ninguén contará a verdade, gañadora do Premio Xerais de Novela 2023, consolidouse como unha das voces máis destacadas da narrativa galega contemporánea. A súa obra combina intriga, historia e identidade galega, conquistando milleiros de lectores dentro e fóra de Galicia. O acto contará tamén coa actuación da Banda de Gaitas de Carballo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.