PLIC! | Can de palleiro (Outro circo na biblio) é un espectáculo familiar para todos os públicos no que os contos, o clown, os malabares e o humor se mesturan para crear un auténtico circo da imaxinación. Da man de Dani Blanco, as historias cobran vida a través do xogo, a participación e a sorpresa, convidando a pequenos e maiores a descubrir que os libros tamén agochan música, acrobacias e aventuras inesquecibles.
Dani Blanco (Cangas) é pallaso, bufón, improvisador, malabarista e narrador oral. Fundador da compañía AsSircópatas, leva máis de vinte anos creando espectáculos de circo, clown e narración para todos os públicos, actuando en festivais e escenarios de numerosos países. A súa proposta combina humor, imaxinación e participación, convertendo cada función nunha experiencia divertida e sorprendente.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.