A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Contacontos musical: “Os rizos de Lía”

09/07/2026
18:00
Xardín Municipal

PLIC! | Os rizos de Lía é un contacontos musical en galego que combina narración, música en directo e participación do público para contar a historia dunha nena que aprende a valorar a súa propia identidade. Un espectáculo cheo de emoción, humor e cancións dirixido a público infantil e pensado para desfrutar en familia. A narradora aventureira Tulis guía a cativada pola historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través da narración e das cancións orixinais en directo, o espectáculo promove valores como a autoestima, a amizade, o respecto pola diversidade e a confianza nunha mesma.

  • Recomendado para nenas e nenos de 3 a 10 anos
  • Duración aproximada: 45 minutos

Non hai campos definidos para este produto.