A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Concerto infantil “Contos grandes e pequenos” con Paco Nogueiras

12/07/2026
18:00
Xardín Municipal

PLIC! | Contos grandes e pequenos é un concerto familiar no que Paco Nogueiras mestura música, narración e participación para dar vida a historias cheas de imaxinación, humor e emoción. A través de cancións orixinais e contos musicados, o espectáculo convida a pequenos e maiores a cantar, bailar e descubrir o pracer da lectura e da lingua galega nunha proposta lúdica, educativa e participativa.

Paco Nogueiras é músico, compositor, escritor e mestre, unha das figuras moi recoñecida na música infantil en galego. A través das súas cancións e espectáculos combina música, humor, poesía e participación para achegar a lingua e a cultura galegas á cativada dun xeito creativo e divertido. É autor de proxectos de grande éxito como Brinca Vai!, Radio Bule Bule e Extra!, converténdose nun referente da animación musical familiar en Galicia.

Non hai campos definidos para este produto.