A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Concerto infantil con Pakolas: “Ecoralia, a lambona ecolóxica”

11/07/2025
18:30
Xardín Municipal

PLIC! | Pakolas, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

En Ecoralia, a lambona ecolóxica Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado polo CRAEGA (2024), e dispoñible a partir de 2025 en todas as bibliotecas de Galicia.

  • Actividade recomendada para nenas e nenos ata 12 anos

 

 

 

Non hai campos definidos para este produto.