PLIC! | A Praza dos Libros ofrece un concerto de Mamá Cabra, 25 anos de música infantil en galego. O grupo comezou a súa andaina no ano 2000. Dende entón, publicou oito álbums, tres deles con Editorial Galaxia. O resultado de combinar as cancións máis pegadizas de cada álbum é o recompilatorio Deveribés (un xogo de palabras, algo así como “o mellor”).
Os seus espectáculos musicais son moi participativos, e a súa música é divertida e incorpora valores educativos, como a adquisición de hábitos saudables e o desenvolvemento da psicomotricidade a través da danza e os movementos coordinados. Os ritmos modernos (rock, pop, funk, etc.) confiren a Mamá Cabra un atractivo especial que cativa a miles de nenas e nenos e as súas familias.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.