Este ano, a Concellaría de Cultura e Festas convídate a gozar da maxia do cinema tamén no Nadal. O sábado 3 de xaneiro converteremos a carpa da Praza do Concello nunha gran sala de cine na que peques e maiores poderán desfrutar da sétima arte. E ademais teremos no exterior un posto ambulante para que poidades mercar flocos de millo, chuches… Ao cine convidamos nós. Este é o plan:
18.00 h. Superklaus, comedia familiar de animación e aventuras. Para todos os públicos.
Tras un forte golpe na cabeza, Santa Claus esperta crendo que é SuperKlaus, o superheroe dunha popular saga de películas. Isto desata o caos no Polo norte e Fafnir, un avaricioso fabricante de xoguetes, aproveita a situación para tomar o control do taller de Santa. Só Billie, unha nena astuta e valente, o seu robot C.A.R.L. e o elfo Leo poderán desbaratar os seus malvados plans e salvar o Nadal antes de que sexa demasiado tarde.
20.00 h. Los que se quedan, para espectadores a partir de 12 anos.
Paul Hunham, un profesor cascarrabias dun prestixioso colexio de Nova Inglaterra, vese obrigado a permanecer no campus durante as vacacións de Nadal de 1970 para velar por un puñado de estudantes que non teñen onde ir. Contra todo prognóstico, a convivencia levaralle a forxar un insólito vínculo cun deles, Angus, un intelixente e problemático raparigo cos seus propios traumas, e con Mary, a xefa de cociña da escola, que acaba de perder a un fillo en Vietnam.
Nota: as horas de inicio son aproximadas, xa que o primeiro pase dependerá da luz solar.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.