A web oficial do concello de Carballo

OTNI: “Instinto desexo” de Bal Castro

23/10/2025
20:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | WORK IN PROGRESS

Primeira mostra do traballo en proceso deste proxecto autobiográfico e primeiro traballo de Bal Castro que explora o corpo, o erotismo e a imaxe como moeda de cambio e medio de validación. O artista reflexiona sobre o desexo, a proxección da propia imaxe nos demais e a busca insaciable de amor, convidando o público a percorrer diferentes corporalidades e calidades de movemento nunha experiencia sensorial e íntima.

Bal Castro é actor e bailarín formado en interpretación xestual e danza contemporánea  que participa en proxectos nacionais e internacionais con outras compañías.,. Presentaranos o resultado e o estado do traballo que realizou na residencia artística que tivo lugar no mes de xullo no Pazo da Cultura, a través do Programa de Residencia Paraíso 2025 promovido polo colectivo de artistas de artes vivas RPM co que colabora a Concellaría de Cultura e o FIOT.

  • Xoves 23 de outubro
  • 20.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada de balde
  • Público adulto
  • Duración: 30 minutos
  • Colectivo RPM

Non hai campos definidos para este produto.