A web oficial do concello de Carballo

OTNI: “Empaque” de Chicharrón Circo Flamenco

09/10/2025
21:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | ESTREA EN GALICIA

Empaque de que? O malabarista lanza a pelota ao aire, o flamenco recolle a bata de cola mentres o artista calza as luvas de boxeo para dar patadas coma se fose un rapaciño que tararea unha pregunta que lle rolda a alma. Ti enténdelo? Nesta viaxe emocional, na que o circo e o flamenco entrelázanse co humor para falar sobre identidade e raíz, crúzanse os límites establecidos para levarnos á propia esencia, alí onde inseguridades e fortalezas se confunden a ritmo de compás, lanzamentos, rebotes e queixumes. Cunha linguaxe contemporánea, mestura malabares, cante, ritmos e palabra para formular unha pregunta universal: quen son? Se ti a tes a resposta…Olé, ti!

Germán J. López Galván sorprende por unha linguaxe propia froito da investigación e experimentación na que fusiona o circo e o flamenco. Este segundo espectáculo da compañía é froito da colaboración cun equipo creativo de gran relevancia tanto no mundo circense como no flamenco. Estreouse hai só uns meses, pero colleitou xa importantes premios ao mellor espectáculo en feiras como Fetén ou a de Andalucía.

  • Xoves 9 de outubro
  • 21.00 h.
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 5 €
  • Todos os públicos (+ de 12 anos)
  • Duración: 50 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.