A web oficial do concello de Carballo

OTNI: “Compaña” de Xanpatito Pato

05/10/2025
20:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | Un personaxe solitario, atrapado no seu propio universo, decide abrir as portas da imaxinación na procura de compañía. Criaturas inesperadas e sorprendentes obxectos cobrarán vida e acompañarán ao público por un poético camiño de emoción, sorpresas e risas. O circo fusiónase coa arte das marionetas e do teatro de obxectos, e este peculiar personaxe descubriranos como o invisible se volve tanxible e como o imposible se transforma nun xogo compartido de fermosas e máxicas imaxes.

Detrás desta creación está Jesús Velasco Otero, artista multidisciplinar, malabarista e clown de gran destreza técnica e cunha ampla traxectoria en compañías galegas, nacionais e internacionais. Fascinaranos pola súa capacidade de trasladar ao escenario o seu mundo interior cun selo inconfundible de fraxilidade, creatividade, precisión e tenrura.

  • Domingo 5 de outubro
  • 20.00 h.
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 5 €
  • Todos os públicos (+ de 6 anos)
  • Duración: 50 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Marque o número de prazas que precisa

Non hai campos definidos para este produto.