A web oficial do concello de Carballo

Os Ratos de Lonxedetodo volven para relatarnos “A vida na selva”

25/11/2026
Horario Adaptado
-

Os ratos de Lonxedetodo son moi viaxeiros. Fuco ven de pasar unha temporada na selva e alí puido observar con desagrado como impera a lei do mais forte. Básicamente, observou que na selva faise o que lle peta ao rei, o león. E isto parécelle inaceptable.

Contos: El león que no sabía escribir. Baltscheit,Martin. Sta. Marta de Tormes (Salamanca): Lóguez Ediciones. 2006 | Elmer. David McKee. Barcelona: Beascoa, 2006

PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.

INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior.

IMPORTANTE:

  • No caso de que as prazas estean esgotadas, as familias interesadas en anotarse nunha listase de agarda deberán chamar ao 981 758 580.
  • Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos.
  • Pregamos puntualidade.
  • biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
  • Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.
Non hai campos definidos para este produto.