A web oficial do concello de Carballo

Os Ratos de Lonxedetodo presentan “O mar”

13/05/2026
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Os Ratos de Lonxedetodo, da compañía TrinkeTrinke Teatro, volven á biblioteca Rego da Balsa co espectáculo O mar.

DESCRICIÓN: Á ratiña Faifá encántalle o mar. Gústalle ir á Praia de Lonxedetodo para miralo e soñar. Tamén dá paseos pola beira collendo cousas naturais e ás veces lixo que recicla e ao que lle da un uso ben bonito! 

Contos: Chimpate Pepa, Benxamin?, El canto de las ballenas, Nadarín. 

PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 13 de maio. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior a partir do mércores, día 6 de maio.

IMPORTANTE:

  • No caso de que as prazas estean esgotadas, as familias interesadas en anotarse nunha listase de agarda deberán chamar ao 981 758 580.
  • Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos.
  • Pregamos puntualidade.
  • biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
  • Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.

Agardámosvos!

Non hai campos definidos para este produto.