Os Ratos de Lonxedetodo, da compañía TrinkeTrinke Teatro, volven á biblioteca Rego da Balsa co espectáculo Cores e persoas, un paseo respectuoso por un mundo diverso da man de Lilí Gruyére. Abórdase o problema do acoso escolar e dáse a coñecer a realidade tráns-xénero na infancia (coa colaboración da psicóloga Chus Díaz Anca).
Contos: Qué le pasa a Uma?, Soy Jazz; Pearl Power and the toy problem.
PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 29 de abril. Dúas sesións: 17.30 e 18.30 h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior a partir do mércores, día 22 de abril. Lembrade que debedes marcar tantas prazas como persoas asistades, tanto nenos/as como acompañante.
IMPORTANTE:
Agardámosvos!
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.